Novas

DELEITE LEVA A UXÍA LAMBONA AO TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA

O vindeiro 3 de xaneiro ás 18h terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra o concerto especial
de Nadal de Uxía Lambona e a Banda Molona dedicado aos máis cativos e que contará, como non
podía ser doutro xeito, coa colaboración de Deleite.

Diseño sin título (5)

Uxía Lambona e a Banda Molona é unha banda de música infantil que recolle os clásicos
populares galegos dándolle o seu toque particular dende a A Carolina “rapeada” ata O Jato
“rockeiro”, pasando por outros moitos temas tradicionais, moi dinámicos, facendo que todos os
presentes sexan partícipes do seu particular “desconcerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e
alguna que outra sorpresa.

Deleite quíxose sumar unha vez máis a esta iniciativa que mestura a cultura coas actividades para
os máis cativos nestas datas tan especiais e que representan do xeito máis fiel o espírito do Nadal.

A entrada é libre e gratuíta ata completar a cabida do Teatro Principal de Pontevedra, polo que se
recomenda chegar con tempo.