Novas

Deleite lévate de viaxe ao EmigraSON de Bruxelas

En Deleite toleamos. Un ano máis reafirmamos o noso compromiso coa cultura galega colaborando co EmigraSON, o festival galego no estranxeiro que volverá converter Bruxelas no epicentro da nosa música… Pero non nos chega con contalo! 

FESTIVAL EMIGRASON. BRUXELAS. DELEITE GALEGO. VIAXE. MÚSICA GALEGA Baiuca, Ortiga, The Rapants, Sabela, Paloma Paloma, 9Louro, Fer, Duendeneta Dilleis

Queremos que a #XenteDeleite o viva en primeira persoa. Por iso poñemos en marcha un sorteo nas nosas redes sociais (Facebook, Instagram e X) para levar dúas persoas a Bruxelas e gozar dun festival único con todo incluído.

A edición 2026 do EmigraSON celebrarase os días 27 e 28 de febreiro e presenta o cartel máis ambicioso da súa historia. Ao longo de dúas xornadas subirán aos escenarios artistas como Baiuca, Ortiga, The Rapants, Sabela, Paloma Paloma, 9Louro, Fer, Duendeneta Dilleis, xunto a propostas música tradicional galega que completan unha programación diversa, contemporánea e moi nosa.

A persoa gañadora do sorteo recibirá unha viaxe dobre con todo incluído para vivir o festival (entradas para os concertos e actividades, viaxe dobre a Bruxelas en avión desde Galicia, aloxamento en hotel e traslados desde o aeroporto). O sorteo comeza hoxe e finalizará o día 26 de xaneiro. O nome da persoa premiada publicarase nesta mesma páxina web. Para participar só é necesario seguir as normas que se indican nas nosas contas oficiais en cada rede social.

O EmigraSON é moito máis ca un festival. É unha iniciativa creada por galegos e galegas que viven fóra, que decidiron unir música, comunidade e identidade para achegar Galicia ao corazón de Europa. Un proxecto autoxestionado, sen ánimo de lucro, que serve de punto de encontro para a diáspora e de xanela para quen quere descubrir a nosa cultura. E iso, en Deleite, parécenos motivo máis que suficiente para seguir apoiándoo.

FESTIVAL EMIGRASON. BRUXELAS. DELEITE GALEGO. VIAXE. MÚSICA GALEGA Baiuca, Ortiga, The Rapants, Sabela, Paloma Paloma, 9Louro, Fer, Duendeneta Dilleis 2

Podes consultar toda a información e as bases legais aquí.