
O Premio Arume de Poesía para a Infancia foi creado por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil e tivo a súa primeria edición hai xa vinte anos. Un ano máis Deleite Galego, xunto con GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) e coa Fundación Xosé Neira Vilas, non quixo perder a oportunidade de apoiar uns premios que fomentan dun xeito formidable a literatura dedicada aos máis cativos.
O xurado, composto por David Cortizo Conde, presidente de GALIX, Rosalía Morlán e Pilar Sampedro, quixo premiar a ‘Versos (a) variados’ pola creatividade no uso e dominio do rexistro musical e polo emprego de múltiples recursos lingüísticos e literarios, que, como se dun xogo se tratase, inclúe onomatopeias, caligramas, trabalinguas, palíndromos, anáforas e tamén un variado acompañamento gráfico e icónico.
%20e%20coa%20Fundaci%C3%B3n%20Xos%C3%A9%20Neira%20Vilas.%20Deleite%20Galego.png?width=650&height=421&name=Cidade%20da%20Cultura.%20%20G%C3%81LIX%20(Asociaci%C3%B3n%20Galega%20do%20Libro%20Infantil%20e%20Xuvenil)%20e%20coa%20Fundaci%C3%B3n%20Xos%C3%A9%20Neira%20Vilas.%20Deleite%20Galego.png)
No acto tamén tivo lugar a presentación da obra premiada o ano pasado: ‘Os versos da mariola’, de Antón Cortizas Amado. Un traballo que reivindica o xogo tradicional a través da poesía e a ilustración. ‘Os versos da mariola’ é un xogo literario sobre os vellos pasatempos da infancia e tamén un libro pensado para xogar coa súa lectura a través das propias ilustracións.

Nos vindeiros días sortearemos nas nosas redes exemplares da obra premiada. Permanecede atentas!
