Novas

Deleite con ‘Somos Criminais 3’

Tal e como aconteceu na primeira entrega, Deleite volve acompañalos na súa visita a Ourense, Santiago, Narón, Vigo, Lugo, Pontevedra, Burela, Vilagarcía de Arousa, Cangas e Ferrol.

Atentos ás nosas redes sociais, porque estamos a sortear entradas!

Os xeniais Carlos Blanco e Xose Antonio Touriñán están a xirar por todo o país co seu novo espectáculo. Trátase da continuación do seu exitoso ‘Somos Criminais’, o show que máis entradas vendeu na historia de Galicia, pero como segundas partes nunca foron boas, aseguran, pasan directamente á terceira. Se no primeiro espectáculo tentaban explicar se había un crime autóctono galego, en ‘Somos Criminais 3’ tentarán descubrir se os galegos somos criminais no sentido menos criminal do termo.