Novas

Deleite, co audiovisual galego nos Premios Mestre Mateo

O audiovisual galego volve estar de festa coa celebración da XXIV edición dos Premios Mestre Mateo, os galardóns máis importantes do sector en Galicia. Organizados pola Academia Galega do Audiovisual, estes premios recoñecen cada ano o talento, a creatividade e o traballo das profesionais e profesionais que fan medrar a nosa industria audiovisual.

Este 2026 a gala celebrarase o vindeiro 21 de marzo no Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo, cidade que por primeira vez acolle esta gran noite do audiovisual galego, converténdose durante estas semanas nun auténtico punto de encontro para o sector.

PREMIOS MESTRE MATEO LUGO PIPO DELEITE Á PROMOCIÓN DA LINGUA XXIV FUXAN OS VENTOS GALA AUDIOVISUAL GALEGO AIGI BOGA
Como antesala da gala, o pasado 6 de marzo tivo lugar a tradicional Xuntanza de Finalistas, un encontro que reuniu a creadoras, produtoras, intérpretes e profesionais do audiovisual galego e no que tamén se fixo entrega dos premios especiais desta edición.

O Premio Deleite á promoción da lingua foi para “Pipo”

Dentro destes recoñecementos especiais, Deleite Galego volveu apoiar o talento e a creatividade feitos na nosa lingua a través do Premio Deleite á promoción da lingua.

Nesta edición, o galardón foi para a serie web Pipo, recoñecendo o seu labor na creación de contidos audiovisuais que achegan o galego ás novas xeracións dun xeito natural, creativo e próximo.

A serie conta a historia de Berta, unha nena que un día atopa no patio da súa casa a Pipo, un pequeno extraterrestre que cae do ceo, iniciando unha convivencia chea de humor, aprendizaxes e situacións inesperadas. Un proxecto que conecta coa infancia e que demostra que o galego tamén pode ser aventura, imaxinación e futuro.

PREMIOS MESTRE MATEO LUGO PIPO DELEITE Á PROMOCIÓN DA LINGUA XXIV FUXAN OS VENTOS GALA AUDIOVISUAL GALEGO 3 AIGI BOGA
COMPROMISO COA LINGUA E COA CULTURA GALEGA

Para Deleite, apoiar os Premios Mestre Mateo é tamén apostar pola cultura, pola creatividade e polo uso do galego en todos os ámbitos da vida, incluído o audiovisual.

Por iso, un ano máis, sumámonos a esta gran celebración do talento galego e poñemos o noso gran de area para seguir impulsando proxectos que leven a nosa lingua cada vez máis lonxe e a novas xeracións.

Parabéns a Pipo e a todas as persoas e equipos que fan posible o audiovisual galego. Seguimos desfrutando do camiño… e preparándonos para a gran noite do 21 de marzo.

PREMIOS MESTRE MATEO LUGO PIPO DELEITE Á PROMOCIÓN DA LINGUA XXIV FUXAN OS VENTOS GALA AUDIOVISUAL GALEGO 2 AIGI BOGA
Fotos: Aigi Boga