Novas

Coñecemos os gañadores de 'Tríptico do silencio'

A pasada semana, dende as contas oficiais de Deleite, puxemos en marcha o sorteo de seis exemplares da obra 'Tríptico do Silencio', o último traballo de Brigitte Vasallo, editado por La Oveja Roja. Foron moitas as participación que rexistramos, algo que agradecemos e que nos empurra a continuar agasallando novas deleituras á #XenteDeleite en vindeiras ocasións. 

Tríptico do silencio Briggitte Vasallo
Esta é unha obra mutante e heteroxénea formada por tres libros que transitan e combinan, cada un deles, tres linguas: galego, catalán e castelán, e diversas formas narrativas. Neste traballo a autora interpélanos desde a necesidade, o desexo e a indignación. E dende Deleite queremos agradecer a Brigitte Vasallo a súa disposición e amabilidade.

A continuación, o nome das persoas afortunadas:

🔹En Facebook as gañadoras son Manuel Casal Garrido e Vanessa Fernandez Hermida.
🔹En Twitter os libros van para @MiguelGLemos e @lorenacroa.
🔹E en Instagram a fortuna sorriu a @ismitis e @julia9254.

As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto connosco por mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos os datos de envío (nome completo, enderezo e número de teléfono) para recibiren o seu premio.