Novas

Coñecemos o nome das gañadoras no sorteo das vaca-xerriñas

Con motivo dunha nova colaboración coa artista ceramista Abi Castillo, puxemos en marcha nas redes sociais de Deleite un sorteo moi especial: 7 vaca-xerriñas artesanais, únicas e feitas a man con agarimo, que combinan deseño e creatividade galega 🐮✨

VACA-XERRIÑAS XERRA LEITE A2A2 ABI CASTILLO DELEITE GALEGO CERAMISTA GALEGA

A participación foi, unha vez máis, espectacular. Grazas por compartir, comentar e ser parte desta comunidade que non para de medrar. Sodes xeniais, #XenteDeleite 💙

E agora, imos co importante: as vaca-xerriñas xa teñen nova casa. Estas son as 7 persoas gañadoras do sorteo:

🔹 En Facebook: Cristina Corbillón Gómez e José Pablo Cabaleiro Rojo.
🔹 En Instagram: @cardolinalinalina, @mariaricov e @xana_11.
🔹 En X (antes Twitter): @andrecentrism e @pedradegranito.

📩 As persoas premiadas deberán poñerse en contacto connosco mediante mensaxe privada na rede social onde participaron, indicando nome completo, enderezo (con código postal), teléfono e un correo electrónico de contacto, para organizarmos o envío.

Se esta vez non tocou, non desesperes! En breve traemos máis agasallos que seguro vos van encantar 💙