Novas

Coñecemos a persoa gañadora da viaxe a Bruxelas

Written by Deleite Galego | Feb 11, 2024 8:08:46 PM

Hai un par de semanas activamos un sorteo moi especial nas nosas redes: unha viaxe dobre a Bélxica para presenciar o Festival EmigraSON, o festival galego no corazón de Europa, e o certo é que foi unha absoluta revolución entre a #XenteDeleite.



Contamos milleiros de participacións e aproveitamos para agracervos a vós, ás seguidoras de Deleite, que nunca fallades nas actividades e xogos que organizamos en redes. Tamén queremos aproveitar para dar as grazas á propia organización do Festival EmigraSON, polo traballo que fan pola cultura galega e por propoñernos formar parte do seu proxecto!

O sorteo, que estivo activo en Facebook, Instagram e X (Twitter), chegou hoxe á súa fin e a persoa afortunada foi:

O usuario @borrageros da rede social X (Twitter).

O premio consta dunha entrada dobre para o festival, unha entrada dobre para os eventos que o festival organiza na cidade o día anterior, unha viaxe dobre a Bruxelas en avión, o aloxamento no hotel así como os traslados dende o aeroporto.

A persoa gañadora ten que, de acordo coas bases legais, contactar con nós durante o prazo de dous días a contar dende agora. No caso de que se declare o sorteo deserto procederase á selección dun suplente.

E atención... Recibimos varias mensaxes de usuarios advertíndonos que hai perfís falsos facéndose pasar por Deleite Galego. Estes perfís nada teñen que ver con nós e xa foron denunciados. Pedimos que non se lles faciliten datos e salientamos que a única persoa afortunada é a que aparece anteriormente mencionada.

Por último, dicir que estamos argallando xa novos xogos e sorteos que agardamos que vos gusten tanto coma este. Moito ollo aos nosos perfís! 💙😊