Novas

Conversando sobre deseño no Proxectar de Nigrán

A pasada fin de semana tivemos a sorte de estar en Nigrán como patrocinadores da primeira edición de Proxectar, un evento que naceu co obxectivo de poñer o deseño e a creatividade no centro da conversa.

PROXECTAR 2025 CONVERSAS SOBRE DESEÑO DELEITE GALEGO JON MARSHALL TOMÁS ALONSO PAULA OJEA ESTAR
Durante dúas xornada, compartimos espazo con profesionais que lle dan forma ao mundo desde Galicia: deseñadores gráficos, industriais, dixitais… xente que traballa con paixón e talento para transformar ideas en realidades. Alí estivemos nós tamén, apostando polo que máis nos importa: a identidade, a cultura e a creación feita con xeito.

En Deleite sempre quixemos ir máis alá dun simple vaso de leite. Apostamos polo que nos representa, polo que nos fai diferentes, polo que nos conecta. E ver como o deseño galego se reivindica, se celebra e se proxecta desde eventos coma este, dálle todo o sentido ao noso camiño.

PROXECTAR 2025 CONVERSAS SOBRE DESEÑO DELEITE GALEGO JON MARSHALL TOMÁS ALONSO PAULA OJEA ESTAR NIGRÁN
Parabéns a toda a organización de Proxectar pola valentía de abrir este espazo necesario. E grazas por contar con nós. Seguiremos apoiando o talento galego, na forma que sexa. Porque o futuro tamén se deseña.

Fotos: Andrés Fraga