Coñecemos a persoa gañadora da viaxe ao EmigraSON de Bruxelas
A música galega ten unha nova cita en Europa e, un ano máis, desde Deleite queremos acompañala no camiño. Por iso puxemos en marcha un sorteo moi especial: unha viaxe dobre a Bruxelas para gozar do Festival EmigraSON, o encontro que reúne talento galego no corazón da Unión Europea e converte a cidade nun punto de encontro para a nosa cultura.
A participación foi altísima durante os días que estivo activo o sorteo en Facebook, Instagram e X (Twitter), con milleiros de achegas da #XenteDeleite. Unha resposta que nos anima a seguir impulsando iniciativas que conectan persoas, música e territorio, tamén máis alá das nosas fronteiras.
Este ano, o Festival EmigraSON volve medrar cunha programación que o converte no escaparate da música galega en Europa e cunha serie de actividades paralelas que amplían a experiencia máis aló dos concertos. Un proxecto cultural que encaixa á perfección coa filosofía de Deleite: acompañar o que somos, esteamos onde esteamos.
E chegado o momento máis agardado, xa podemos dicilo:
A persoa gañadora da viaxe dobre a Bruxelas é a usuaria @antiinha_ da rede social Instagram.
O premio inclúe unha entrada dobre para o festival, dúas entradas para os eventos que o EmigraSON organiza, unha viaxe en avión desde Galicia para dúas persoas, o aloxamento e os traslados desde o aeroporto.
Segundo recollen as bases legais do sorteo, a persoa gañadora deberá contactar connosco nun prazo de dous días a contar desde agora. No caso de que non se produza ese contacto, procederase á selección dunha persoa suplente.
Na pasada edición, Carme foi a gañadora desta experiencia e compartiu a viaxe coa súa amiga Cristina, vivindo xuntas uns días arredor da música galega e da comunidade galega en Europa. Agardamos que esta nova edición deixe recordos tan bos como aqueles.
Desde Deleite seguimos traballando para acompañar a cultura galega alí onde teña algo que dicir. E xa avisamos: veñen máis actividades, máis música e máis sorpresas. Atentas e atentos aos nosos perfís 💙🎶
Fotos: Pablo Vázquez.
