Novas

Chulas de cabaza recheas de crema

CHULAS DELEITE

📝 𝐈𝐍𝐆𝐑𝐄𝐃𝐈𝐄𝐍𝐓𝐄𝐒:

🔹 1 culleriña de canela

🔸 250 g de cabaza cocida

🔹 1 sobre de lévedo en po

🔸 2 ovos + 3 xemas

🔹 1 chisco de sal

🔸 150 g de fariña de trigo

🔹 250 ml de #Deleite

🔸 20 g de fariña de millo refinada

🔹 ½ vaíña de vainilla

🔸 2 culleradas de azucre

Chulas de cabaza 2

👉 𝐏𝐑𝐄𝐏𝐀𝐑𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍:

  •  Cocermos a cabaza uns 20 minutos até que estea brandiña e esmagámola cun
    garfo até conseguirmos un puré.
  •  A seguir, batemos os ovos cun chisco de sal, unha cullerada de azucre e a canela.
    Incorporamos a cabaza e, por último, engadimos a fariña co lévedo.
  • Cando tivermos o amoado feito, nunha tixola con abundante aceitemos botamos
    unha cullerada de masa e, ao cabo duns segundos, as chulas comezarán a flotar.
    Deixamos que se douren e retirámolas do aceite pousándoas sobre papel de cociña.
  •  Para enchelas de crema, primeiro temos que pór nun cunco a vainilla, a fariña,
    unha cullerada de azúcar, a metade do Deleite e as tres xemas, e remexemos até que
    os ingredientes queden ben integrados. A continuación, agregamos o resto do Deleite e
    mesturamos.  Finalmente,  pomos  a  crema  ao  lume  e  cociñamos  até  que  ferva  e
    espese sen deixar de removermos.
  •  Deixamos que a crema arrefríe un pouco e enchemos as nosa chulas. 𝐁𝐨 𝐩𝐫𝐨𝐯𝐞𝐢𝐭𝐨!😊

    Chulas de cabaza 1

 

Continuamos elaborando doces de Entroido grazas a Noemí García, creadora da conta de Instagram @media_laranxa, un proxecto fantástico onde mestura lingua galega e gastronomía. Hoxe traemos unas 𝐂𝐇𝐔𝐋𝐀𝐒 𝐃𝐄 𝐂𝐀𝐁𝐀𝐙𝐀 𝐑𝐄𝐂𝐇𝐄𝐀𝐒 𝐃𝐄 𝐂𝐑𝐄𝐌𝐀. A ver se vos gustan! 😋