agosto 25, 2022
{%- set hs_blog_post_body -%}
{%- set in_blog_post_body = true -%}
Receita de batido de manga
Este cóctel é ideal para unha sobremesa ou unha merenda. A cor que ten é moi apetecible e quedará xenial en todas as túas publicacións do Instagram.
Este batido é unha bomba vitamínica xa que combina a alta cantidade de vitaminas A e C da manga coa fonte de vitaminas E e D do leite. Case un abecedario de nutrintes!
Vexamos, entón, como facer a nosa receita de batido tropical.
Batido de manga
Ingredientes:
250 ml de Deleite
Unha manga fresca ou conxelada
Imos empregar un plátano en lugar de azucre
Xeo picado
Preparación:
- Vai engadindo nun vaso de batidora ou licuadora os ingredientes na orde na que aparecen listados agás o xeo.
- Pon a licuadora a máxima potencia e bate todo moi ben. Cando teñas unha mistura homoxénea, engade o xeo picado.
- Volve batilo todo de novo e xa terás o teu batido de manga perfecto para tomar ou levar.
Todas e todos asociamos a calor coa diversión, coas vacacións e con estarmos entre amizades. O verán pide receitas fresquiñas e caribeñas, por iso vos traemos esta que, ademáis de ser moi tropical é moi saudable.
{%- endset -%} {%- blog_post_data_wall_wrapper body={{hs_blog_post_body}}, summary={{hs_blog_post_summary}} %}