Novas

As vaquiñas-floreiro teñen novos fogares

Vaquiña floreiro 1

O xeito de participar era moi sinxelo e podíase facer a través das diferentes redes sociais da nosa marca. O número de participacións da comunidade #XenteDeleite desbordou todas as nosas expectativas, algo que nos deixa moi contentos e que nos anima a seguir organizando xogos deste estilo nas nosas redes!

Tamén queremos agradecer e parabenizar a Abi Castillo polo seu fantástico traballo. Foi un gustazo colaborar cunha das figuras máis importantes da cerámica do país e que conta cunha visión creativa tan ampla!

E as persoas afortunadas son... :

Silvia Fidalgo Fernandez, Manuel Losada del Rio e Anita Calvino Sanchez, en Facebook.

@tamararuibal, @martaboucou e @sueviass, en Instagram.

@jureyl e @iriuuuss, en Twitter.

As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto connosco por mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos os datos de envío (nome completo, enderezo e número de teléfono) para recibiren o seu premio.

moito ollo... Estes días recibimos varias mensaxes de usuarios advertíndonos que hai perfís falsos facéndose pasar por Deleite Galego. Estes perfiles nada teñen que ver con nós e xa foron denunciados. Pedimos que non se lles faciliten datos e remarcamos que as únicas persoas afortunadas son as que aparecen na anterior lista.

Permanecede atentos ás nosas redes sociais, porque pronto traeremos máis premios!

Vaquiña floreiro 2 Vaquiña floreiro 3 Abi Castillo

 

O pasado 1 de abril dende Deleite anunciabamos o sorteo de oito pezas artesanais con forma de vaca orixinais da artista ceramista galega Abi Castillo.