Novas

As entradas do Castañazo 2025 xa teñen donos

Written by Deleite Galego | Oct 20, 2025 7:24:35 AM
O Festival O Castañazo celelebra os días 31 de outubro e 1 de novembro en Chantada (Lugo) a súa vixésima edición cun cartel espectacular e unha morea de actividades paralelas que o fan único.


Nesta edición destacan nomes como The Rapants, Baiuca, Catuxa Salom ou De Ninghures, que compartirán escenario coas sesións de DJ, os tradicionais Xogos Bravús, o Magosto, a feira de artesanía e moitas sorpresas máis.

Como non podía ser doutra maneira, en Deleite decidimos involucrar á nosa comunidade e lanzamos un sorteo para regalar tres abonos dobres entre as e os nosos seguidores. A participación foi boi boa e a fortuna sorriu aos seguintes usuarios de Instagram:

🔸 @desireegzb

🔸 @garvi_181

🔸 @saulvalo

📩 As persoas gañadoras deberán contactar connosco vía mensaxe privada nas redes sociais, indicando: nome completo, DNI, número de teléfono e correo electrónico — tanto da persoa gañadora como da acompañante — para poder xestionar correctamente os abonos.

Moitas grazas a toda a #XenteDeleite por participar. Davvero estade atentas e atentos, que en breve haberá máis sorteos 💙

Foto: Festival O Castañazo / Segundo Navaza Blanco