Novas

Achegando o cinema aos máis pequenos en Pontevedra

Novos Cinemas Deleite Pontevedra

A liña do festival está consagrada a dar visibilidade, mediante a incorporación de dúas seccións competitivas (Sección Oficial e Latexos), ás primeiras e segundas longametraxes dos e das cineastas noveis prestando especial atención á vangarda cinematográfica internacional.

O festival é a culminación dunha programación anual específica; xa que o proxecto tenta abarcar a totalidade do espectro: exhibición, difusión, formación e divulgación, pero tamén interación social, promoción cultural e socioeconómica da cidade de Pontevedra.

En Deleite Galego apostamos pola cultura galega dende sempre e, desta volta, quixemos marcar presenza na cidade do Lérez sendo patrocinadores desta edición do Novos Cinemas.

O pasado domingo organizamos un obradoiro onde os máis pequenos aprenderon o oficio de vestiario no mundo do cinema. Baixo o nome “Tea, papel e agulla”, os rapaces desfrutaron e descubriron algúns dos segredos da sétima arte.

Novos Cinemas Emerxente

Novos Cinemas Pontevedra Vestiario

 

O día 13 dou comezo o Novos Cinemas, o Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, un certame cinematográfico orientado á detección, promoción e difusión do talento emerxente.