Novas

A serie ‘Bechos’ recibe o Premio Deleite á promoción da lingua

Saúl Rivas, creador de Bechos. Serie TVG Premio promoción da LinguaSaúl Rivas recolle o premio coa mascota da serie / AIGI BOGA

Este ano o proxecto audiovisual gañador foi ‘Bechos’, unha serie de animación en galego composta por pílulas de 5 minutos de duración e dirixida a primeiros espectadores.

Dende Deleite Galego quixemos valorar esta serie pola necesidade de que existan produtos audiovisuais de calidade e e en lingua galega dirixidas a público infantil, axudando a que se familiaricen co idioma desde idades temperás, facilitando o proceso de aprendizaxe e promovendo o seu uso cotiá.

Undodez. Álvaro Pérez Becerra. Xosé Antonio Touriñán. Serie Bechos. Televisión de Galicia. Lingua GalegaOs produtores e algún dos actores de dobraxe da serie antes da xuntanza / AIGI BOGA

A serie conta as aventuras de catro animaliños: Xurxo, Xiana, Catuxa e Margarida e tamén compite como finalista na categoría de Mellor serie web. Recolleuo premio Saúl Rivas, un dos creadores deste proxecto. ‘Bechos’ está dispoñible en xabarin.gal, na app para dispositivos do Xabarín e na canle de Youtube da Televisión de Galicia.

‘Bechos’ súmase deste xeito ao programa ‘DígochoEu’ e ao filme ‘Valentina’, que recibiron o Premio Deleite á promoción da lingua en anos anteriores.

O vindeiro 23 de marzo no Coliseum da Coruña terá lugar a nova edición dos Premios Mestre Mateo, onde tamén estaremos apoiando ao audiovisual galego.

 

Como adoita a ser nos últimos anos, a Academia Galega do Audiovisual celebrou a Xuntanza de Finalistas dos da XXII edición dos Premios Mestre Mateo. E foi no marco desta xuntanza na que se entregaron os catro premios especiais que concede a Academia, entre os que se atopa o Premio Deleite á promoción da lingua.