Novas

A música galega conquista Europa

1 Festival EmigraSON Bruxelas Ataque EscampeOs Ataque Escampe fixeron desfrutar aos asistentes da sala La Tricoterie. / Foto: @vazquez_varela

O EmigraSON foi unha sinfonía de eventos durante toda a fin de semana, que abarcan dende a poesía ata a divulgación, pasando pola música e a tradición. Destacada foi a actuación do venres das poetisas Lucía Aldao e María Lado, no Instituto Cervantes de Bruxelas; como tamén o foi a posterior foliada a cargo do grupo tradicional Alumea, composto por descendentes de galegos que emigraron a Bélxica nos anos 50.

O prato forte chegou o sábado. A sala La Tricoterie, unha antiga fábrica de mobles, quedou pequena, xa que as entradas se esgotaron aos vinte minutos de saír á venda. Compradores de máis de dez países (Holanda, Francia, Grecia, Dinamarca, Alemaña…) acudiron á festa galega no dinámico barrio bruselense de St. Gilles.

5 The Rapants Festival EmigraSON Bruxelas DeleiteThe Rapants foron os únicos repetidores da primeira edición, onde actuaron con Filloas, Berto, Fillas de Cassandra, Familia Caamagno. / Foto: @vazquez_varela

Entre os asistentes ao festival atopábanse Marcos e Julián, os gañadores do sorteo que organizou Deleite para vivir o EmigraSON en directo. Ambos os mozos nados na Estrada gozaron da fin de semana e mesmo admitían que “dificilmente esqueceremos estes días”.

2 Gañadores Deleite Galego Festival EmigraSONMarcos e Julián viviron a experiencia do EmigraSON cos artistas, xornalistas e creadores de contido. / Foto: @vazquez_varela

Dende Deleite Galego queremos mandar os nosos parabéns á organización e desexamos que nos vindeiros anos poidamos seguir achegando a nosa colaboración para que un festival tan especial se poida seguir celebrando.

3 Deleitiña Deleite Festival EmigraSON Parlamento EuropeoDeleitiña viviu un fin de semana intenso, pero tivo tempo de visitar o Parlamento Europeo. / Foto: @vazquez_varela

A segunda edición do Festival EmigraSON, que tivo lugar a pasada fin de semana en Bruxelas, volveu ser un éxito de crítica e público. Reuniu a case medio milleiro de persoas, a maioría emigrados galegos e residentes na capital belga, que vibraron cos concertos de Catuxa Salom, Ataque Escampe, Lontreira, Grande Amore e The Rapants.