Novas

A música e a festa volven a Merza coa ‘Eferro Foliada’

Este sábado 13 de setembro, Merza (Vila de Cruces) énchese de música, baile e tradición coa celebración da Eferro Foliada, un encontro popular que xa se consolidou como unha cita imprescindible no noso calendario cultural.

EFERRO FOLIADA Treixadura, De Ninghures e a Duendeneta Faiscas da Pontragha Budiño Lagharteiras Deleite Galego
A xornada comezará ás 12:30 horas con Faiscas da Pontragha, seguidos por Budiño ás 13:30h para poñer música á sesión vermú. Pola tarde, desde as 16:00h, será a quenda de Regueifa Lupe e Nuria, Leti da Taberna, unha nova actuación de Faiscas da Pontragha, o obradoiro de iniciación ao baile solto con Chus Caramés, así como os concertos de Aleix Toxiño & D’Castela e As Lagharteiras.

A festa gardará unha sorpresa ás 20:30h, antes de dar paso a grandes nomes como Treixadura (21:00h), De Ninghures (23:00h) e a Duendeneta (00:30h), que pechará a festa animando á xente coa mellor das picadas.

As crianzas tamén terán o seu espazo, con Viravolta Títeres, a proposta de Sanín “Eu son artesán de percusión tradicional” e as pintacaras das Sororas. E como non podía faltar, haberá polbeira e máis papatoria, para acompañar unha xornada que mestura cultura, gastronomía e convivencia veciñal.

En Deleite, orgullosos de apoiar a nosa cultura e ás nosas festas, patrocinamos esta nova edición da Eferro Foliada, un evento que celebra a tradición galega en toda a súa diversidade e vitalidade.

Cartaz Eferro Foliada