Novas

Usos do leite que, case seguro, non coñecías

Usos do leite que non coñecías

Usos cosméticos do leite:

  1. Calma as queimaduras do sol

Cando queimas a pel por mor do sol (algo evitable se te protexes ben con protección axeitada) podes calmar a dor e os efectos da queimadura aplicando leite fresco cun pano limpo na queimadura. 

  1. Mascariña facial

Masaxea suavemente a cara con leite enteiro ou con leite en pó disolto en auga, déixao repousar durante 10 minutos e, de seguido, verás que as propiedades hidratantes do leite fan o seu traballo e o teu rostro queda brillante e ben hidratado.

  1. Suaviza o picor das mordidas de mosquitos e outros insectos

As propiedades  antiinflamatorias do leite son moi efectivas para calmar a picazón das bochas que se levantan cando mosquitos, arácnidos ou avispas nos pican. Probádeo na casa e xa nos diredes se vos calma ou non.

 

image2-3

Outros usos do leite:

  1. Desconxelar peixe

Se desconxelas o peixe en leite, o seu humectante natural fará que o desconxelado non adquira un sabor metálico e o peixe conserve todo o seu sabor natural. Ademáis, perderá moita menos auga e a textura conservarase moito mellor que se o desconxelas “ao aire”.

  1. Quitamanchas natural

As prendas de roupa nas que teñas manchas de tinta, ponas a remollo durante unha noite enteira e, despois, bótaas á lavadora. O único que pode ocorrer é que precisen despois un segundo lavado por se colleron algo de cheiro lácteo, mais as manchas desaparecerán con moita máis facilidade.

 

Ademáis dos usos gastronómicos do leite, máis que coñecidos en receitas ou por sí mesmos, existen moitos outros usos curiosos por descoñecidos, deste gran alimento que é o leite.

image1-4