Novas

O sorteo de ‘Algúns contos completos’ xa ten gañadores

1

O certo é que rexistramos centos de participacións e agradecemos á #XenteDeleite que sempre participe nos nosos xogos... Sorteamos seis exemplares nas principais redes sociais (dous en cada unha delas: Facebook, Twitter e Instagram) e estas son as persoas afortunadas:

En Facebook as gañadoras son Magdalena Camino Giadans e Jorge José Vázquez Artiaga.

En Twitter os libros van para @mariacd07 e @jacoboucha14.

E en Instagram a fortuna sorriu a @vanesaovence e @adriangondar.

As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto con nós por mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos os datos de envío (nome completo, enderezo e número de teléfono) para recibiren o seu premio. 

Agardamos traer pronto novas “Deleituras” e outras novidades que teñan tan boa aceptación coma este sorteo!

Deleite, algo máis que o leite galego de calidade.

Hai dez días puxemos en marcha nas redes sociais de Deleite un sorteo do libro  ‘Algúns contos completos’, unha suxestiva compilación de relatos curtos do escritor vigués Domingo Villar, presentada nunha edición que incorpora os fantásticos linogravados a cargo do ilustrador Carlos Baonza.