Novas

Receita de leite frito

detalle-pan-horneado-o-frito-azucar-canela-postre-llamado-rabanada-torrija-o-pan-dorado_146714-322

Dun tempo para aquí, parece que quedou algo esquecida, seguramente pola crenza de que non é un prato sinxelo de preparar. Mais non ten máis complicación que as croquetas e, dende logo, vale moito a pena facelo na casa.

Imos ver, entón, como facer un leite frito xenial.

Receita de leite frito

Ingredientes:

1 litro de leite enteiro

1 galla de canela

150 gr de azucre

50 gr de maicena

50 gr de fariña

1 cullerada de aceite de xirasol

2 estrelas de anís (opcional)

Vainilla en galla ou cravo (opcionais)

 

Para o rebozado:

Un ovo ou dous

Fariña

Aceite de oliva

photo-1505253892657-6fcc8796949c

Receita:

  1. Untamos con aceite de xirasol unha fonte cuadrada ou rectangular de vidro ou metal. Preferiblemente cun papel de cociña para que non haxa exceso.
  2. Cunha batidora, mezclamos a fariña, a maicena, o azucre e uns 200 mililitros de leite.
  3. O resto do leite, fervémolo coa canela e o resto de condimentos se decidimos usalos. Unha vez que ferva, baixamos o lume e mantémolo quente a lume baixo durante uns minutos para que infusione ben.
  4. Coamos o leite enriba da mezcla que preparamos coa batidora e mezclámolo ben.
  5. Botamos a mezcla nun cazo e, a lume baixo, removémolo durante 10 minutos.
  6. Unha vez que a mezcla estea templada, botámola no recipiente que tiñamos untado. Tapámola con papel film sen que toque na mezcla e gardámolo na neveira. Aí quedará toda a noite, enfriando.
  7. Untamos cun chisquiño de aceite de xirasol unha táboa e dámoslle a volta á fonte enriba dela. Cortamos a masa en cuadradiños.
  8. Enfariñamos os anacos, pasámolos por ovo batido e botámolos a unha tixola alta ou cazo con abundante aceite de xirasol a lume medio.
  9. Sacámolos a unha superficie con papel de cociña para que lles zugue o exceso de aceite. Agora xa só queda deixalas que templen e servilas. Hai quen lle bota azucre glass ou canela en pó por enriba, mais é completamente opcional.

 

Agardamos que desfrutedes moito desta receita!

 

Fonte: El Comidista

O leite frito é un postre moi arraigado na gastronomía galega. Especialmente nestes meses de frío, é moi habitual atopalo nas sobremesas do país.