Novas

Festexamos o Día da Poesía

Festexamos o Día da Poesía

Este ano dende Deleite queremos festexar o #DíaDaPoesía dun xeito especial. Para isto non hai mellor maneira que agasallar ás bibliotecas escolares que nolo soliciten con exemplares de dous dos gañadores da última edición do Premio Arume de poesía para a infancia.

Puro Deleite incorpora ‘O Lobo’ de Grampoder

Puro Deleite incorpora ‘O Lobo’ de Grampoder

A banda compostelá Grampoder (@somosgrampoder) reinterpreta O Lobo (1976) de Fuxan Os Ventos e convértese na nova entrega de Puro Deleite, o proxecto no que Deleite Galego reúne artistas e bandas do panorama musical galego co propósito de homenaxear os grandes mitos da nosa música. 

Deleite nos XXI Premios Mestre Mateo

Deleite nos XXI Premios Mestre Mateo

O pasado sábado tivo lugar no Auditorio Municipal de Ourense a vixésimo primeira edición dos premios Mestre Mateo. A gala tivo como mestra de cerimonias á actriz Bárbara Grandío que estivo acompañada no escenario polas intérpretes Victoria Teijeiro e Belén Constenla.

8M, moito por camiñar

8M, moito por camiñar

Un ano máis Deleite Galego súmase ás reivindicacións do Día Internacional da Muller. Un 8 de marzo no que se celebran os dereitos conquistados polas mulleres en todos os ámbitos e se conmemora a longa historia de loitas e sacrificios para acadalos.

As camisolas de Rosalía xa teñen gañadoras

As camisolas de Rosalía xa teñen gañadoras

O pasado 23 de febreiro festexamos o #DíadeRosalía un ano máis, polo que decidimos publicar nas nosas redes unha ilustración da máis grande das nosas letras bebendo o mellor leite posible. O deseño, obra de Leo Sousa, gustou tanto que o decidimos converter en camisola.

O sorteo dos 100 libros xa ten gañadores

O sorteo dos 100 libros xa ten gañadores

Hai uns días puxemos en marcha nas nosas redes sociais un megasorteo de cen libros. Regalamos cincuenta exemplares de Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente, de Ramon D. Veiga, e otros cincuenta de A flora da letra, de Manuel López e Nuria Díaz.

Día de Rosalía 2023

Día de Rosalía 2023
❞𝗦𝗶 𝗰𝗮𝗻𝘁𝗮𝗻, 𝗲𝘀 𝘁𝗶 𝗾𝘂𝗲 𝗰𝗮𝗻𝘁𝗮𝘀;
𝘀𝗶 𝗰𝗵𝗼𝗿𝗮𝗻, 𝗲𝘀 𝘁𝗶 𝗾𝘂𝗲 𝗰𝗵𝗼𝗿𝗮𝘀;

Puro Deleite medra coa ‘Anduriña’ de La Casa de los ingleses

Puro Deleite medra coa ‘Anduriña’ de La Casa de los ingleses

A banda de pop La Casa de los ingleses (@lacasadelosingleses) reinterpretan o clásico atemporal Anduriña(1968) do dúo Juan y Junior e convértense no novo integrante de Puro Deleite, a iniciativa na que Deleite reúne artistas e bandas do panorama musical galego co obxectivo de homenaxear aos grandes mitos da nosa música.

O sorteo de «Azucre» xa ten gañadores

O sorteo de «Azucre» xa ten gañadores

Azucre é a primeira incursión na novela da coruñesa Bibiana Candia, editada en galego por Kalandraka, e con ilustracións de Xosé Cobas. Nela fálanos da Galicia de mediados do século XIX, un país está asolado pola fame e a enfermidade, onde única saída para os mozos era a emigración. Orestes Veiga, inxenuos pero cargado de ilusión, acabará marchando a Cuba onde traballará nos campos de azucre.

Temos gañadores dos sorteos de “A lebre mecánica” e de Uxía Lambona

Temos gañadores dos sorteos de “A lebre mecánica” e de Uxía Lambona

En Deleite estamos a preparar novos sorteos para as nosas redes sociais e agardamos que vos gusten tanto coma estes. Aproveitamos para dar as grazas a toda a comunidade de #XenteDeleite que sempre participa e comparte as nosas publicacións!



Tiñamos pendentes de anunciar o nome dos gañadores de dous sorteos que efectuamos nos últimos tempos.