Premio Deleite á promoción da lingua

O pasado venres, o programa DígochoEu da CRTVG recibiu o ‘Premio Deleite á promoción da lingua’ no encontro dos finalistas da vixésima edición dos premios Mestre Mateo.
O pasado venres, o programa DígochoEu da CRTVG recibiu o ‘Premio Deleite á promoción da lingua’ no encontro dos finalistas da vixésima edición dos premios Mestre Mateo.
Continuamos elaborando doces de Entroido grazas a Noemí García, creadora da conta de Instagram @media_laranxa, un proxecto fantástico onde mestura lingua galega e gastronomía.
O grupo Familia Caamagno lanza o seu novo sinxelo Xuntos. Unha versión do tema de Juan Pardo que formará parte do recompilatorio Puro Deleite e do que será o seu cuarto álbum de estudio. A canción orixinal pertence ao LP Mírame de frente (1987), xunto a outros clásicos como No me hables ou Anduriña.
O entroido é unha das festividades galegas con máis arraigo e tradición. Ten sobrevivido ao longo de séculos mantendo os elementos identitarios e o carácter satírico cos que naceu.
A Familia Caamagno é o terceiro integrante de Puro Deleite, o proxecto no que bandas e artistas do panorama musical galego realizan versións de clásicos da nosa música.
Hai dez días puxemos en marcha nas redes sociais de Deleite un sorteo do libro ‘Algúns contos completos’, unha suxestiva compilación de relatos curtos do escritor vigués Domingo Villar, presentada nunha edición que incorpora os fantásticos linogravados a cargo do ilustrador Carlos Baonza.
É, posiblemente, a bechamel o mollo máis rico do mundo? Pois case, case.
A pasada semana activamos nas nosas redes sociais un sorteo da novela ‘O cervo a sombra’, o último traballo do xornalista Diego Ameixeiras editado por Xerais.
Este mes de xaneiro, o grupo compostelán Ataque Escampe publicaba o sinxelo “Por última vez” para o recompilatorio de clásicos galegos “Puro Deleite”. Unha reinterpretación sen perder a esencia pop da canción coa que Ana Kiro participou no Festival de Benidorm no ano 1967 e que, curiosamente, cincuenta e cinco anos despois ten ao trío galego Tanxugueiras como representantes da música galega.
Con 2.800 habitantes, San Sadurniño é un concello da comarca de Ferrol vinculado ao sector primario e forestal. Alí xoga o Club Deportivo Aldebarán, equipo que gañou o agarimo de todo o voleibol estatal tras o ascenso á primeira división na pasada tempada.