Novas

O sorteo de Os soños de Miguel xa ten gañadores

Os soños de Miguel

Na pasada semana activamos o sorteo deste último traballo do escritor de A Baña, e foron moitos os usuarios das nosas redes que se decidiron a participar, algo que agradecemos e que nos empurra a continuar agasallando “deleituras” á #XenteDeleite en máis ocasións. 

Sorteamos seis exemplares desta novela nas principais redes sociais (dous en cada unha delas: Facebook, Twitter e Instagram) e estas son as persoas afortunadas:

En Facebook as gañadoras son Ana Belén Paz Garcia e Ruben Porto Castro

En Twitter o premio vai para @Miguel_GciaFdez e @Luar_Azulado.

E en Instagram a fortuna sorriu a @ruthuvege e @tita_bego.

As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto connosco por mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos os datos de envío (nome completo, enderezo e número de teléfono) para recibiren o seu premio.

E moito ollo... Nos últimos sortemos recibimos varias mensaxes de usuarios advertíndonos que hai perfís falsos facéndose pasar por Deleite Galego. Estes perfís nada teñen que ver con nós e xa foron denunciados. Pedimos que non se lles faciliten datos e remarcamos que as únicas persoas afortunadas son as que aparecen anteriormente mencionadas.

Pronto presentaremos novos premios que agardamos que sexan tan ben recibidos coma este!

Tras «As rapazas de Xan», un emotivo retrato do rural da Galicia de mediados do século XX, e «Que non te aten», un poderoso relato protagonizado por gandeiros, Manuel Iglesias Turnes escribiu «Os soños de Miguel» (Xerais), novela ambientada na década de 1970 para plasmar o momento en que Galicia pasaba do autoconsumo a figurar entre as zonas máis importantes de Europa en produción de leite.