Novas

O muralismo en Galiza

 

A nova paisaxe galega

Dende o boom da costrucción dos 60 e 70 no noso país, Galiza ven sufrindo unha dicotomía paisaxística entre os cascos históricos e as construccións tradicionais e o que coñecemos coma feísmo. 

A febre do cemento, unha nefasta planificación urbanística e, por que non dicilo, os “pelotazos” converteron as nosas vilas e cidades en urbes amalgamadas con, en moitas ocasións, escaso gusto.

Non é que Galiza sexa única nas construccións aceleradas e baratas, nin moito menos. Se ben é certo que a combinación de uralita, cemento e aluminio impacta nun entorno natural coma o noso e pode chegar a enfadarnos se afondamos no por que destas edificacións. Mais a este artigo viñemos falar de arte e non de política urbanística.

 

Afortunadamente, dun tempo a esta parte, a toma de conciencia dos concellos e a cidadanía leva a valorar a beleza da contorna coma un factor máis do benestar dos e das habitantes. 

Grazas a certames coma o Derrubando Muros con Pintura de Carballo (unha das vilas pioneiras na aposta pola arte mural), o Vigo Cidade de Cor ou o DesOrdes Creativas, foise abrindo camiño cara un novo panorama urbano na que os e as artistas gráficos redefinen e dotan de novos significados os espazos.

 

Murais en Galiza

Aínda que hai un feixe de murais incribles por toda a nosa xeografía, faremos unha breve escolma dalgúns dos que máis nos gustan para, se tedes ganas de máis, facer un novo artigo con outros poucos!



 

 

A pintura mural ten a súa orixe datada no paleolítico superior e dela dan testemuña as pinturas rupestres. Dende entón, a humanidade non deixou de manifestarse en superficies de acceso público sendo hoxe, unha disciplina artística de grande repercusión e recoñecida como tal.