Novas

Merenda con leite para unha tarde de estudo

robin-worrall-H5Y2Nb8hreU-unsplash

Cantas calorías se gastan no estudo?

O traballo intelectual está falsamente asociado a non gastar calorías, algo paradóxico se pensamos en que non nos resulta difícil entender que consumimos moita enerxía mentres estudamos ou facemos un traballo académico. Pois queimar enerxía e queimar calorías, é exactamente o mesmo. 

Durante o estudo ou a realización de traballos, o noso cerebro enfróntase á resolución activa e creativa de problemas, o cal supón moito gasto de enerxía. O mesmo ocorre coa concentración. Durante o tempo no que estamos comprendendo e memorizando información, o noso cerebro fai conexións neuronáis máis rápidas e demanda moita carga de enerxía.

A resolución de problemas abstractos aumenta as necesidades metabólicas do cerebro ata un 50% do que precisa estando en repouso. 

Calcúlase que, nunha hora de estudo, o cerebro fai un gasto enerxético de 147 Kcal

brian-suman-vdbq-iiyvGY-unsplash

Merendar ben para render no estudo

Habitualmente, a tarde é o momento do día que máis tempo lle adicamos ao estudo. 

Tan importante coma un bo método é facer descansos e alimentarse correctamente para potenciar o noso rendemento. 

O leite é un alimento ideal para os traballos de estudo xa que contén altas cantidades de ácidos graxos, fundamentáis para o correcto funcionamento cognitivo. 

Xa ves que é moi importante satisfacer ben de proteínas e nutrientes ao cerebro para obter un bo rendemento logo… que tal se lle tiras partido a esta receita de batido de amorodo? Leite e froita, a combinación gañadora dos súperalimentos!

Chega a temible época do ano na que hai que porse cos cóbados na mesa e tentar porlle o broche a todo un curso de traballo cos resultados dos exames finais.