Novas

XA TEMOS GAÑADORES DAS MALETAS-VAQUIÑA CHEAS DE LIBROS E LEITE

Maleta-Vaquinha

Rexistramos moitísimas participacións e non paramos de recibir mensaxes de parabéns pola iniciativa. Dende aquí agradecemos a todas as persoas que participaron e á comunidade de #XenteDeleite que sempre está pendente das nosas publicacións.

Sorteamos cinco maletas nas principais redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter) e estas son as afortunadas:

  •  Silvia Quintans Temes (coa súa participación en Facebook).
  •  Sonia Beltrán Sampedro (coa súa participación en Facebook).
  •  Debi Rguez (@debi_rl, coa súa participación en Instagram).
  •  Lucia Jove Koki (@luciakoki, coa súa participación en Instagram).
  •  Kike García Cerviño (@KikeGCervino, coa súa participación en Twitter).

As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto con nós para facilitarnos os datos de envío (nome completo, enderezo e número de teléfono) para recibir o seu agasallo.

Nos vindeiros días anunciaremos novidades e máis sorteos que agardamos que vos gusten tanto, ou máis, ca este.

Deleite, algo máis que o leite galego de calidade.

O sorteo das maletas con forma de vaquiña cheas de lecturas infantís e de envases de 200 mililitros do novo leite A2A2 xerou moita expectación nas redes sociais de Deleite nas últimas semanas.