Novas

Familia Caamagno apúntase a Puro Deleite

FAMILIA CAAMAGNO APÚNTASE A PURO DELEITE

O proxecto recompilatorio é unha iniciativa aberta e que conta cunha nova canción de xeito mensual ata final de ano, momento no que culminará coa edición dun disco completo. Os de Sigüeiro achegan unha reinterpretación de Xuntos, o famoso éxito de Juan Pardo

Coa Munheira de Chantada dos Verto e Por última vez dos Ataque Escampe son tres os temas que xa coñecemos do Puro Deleite.

 

A Familia Caamagno é o terceiro integrante de Puro Deleite, o proxecto no que bandas e artistas do panorama musical galego realizan versións de clásicos da nosa música.