Novas

Deleite presente na Semana Verde de Galicia

Deleite Silleda

Na 44ª edición da feira, o stand de Deleite recibiu os eloxios de toda a xente que se achegou por el e que non dubidou en probar o noso leite A2A2.

Dende o nacemento da nosa marca, entendemos esta feira como unha gran oportunidade de achegar os nosos productos ao público, aumentando a visibilidade e promocionando todas as actividades nas que estamos involucrados.

Vémonos para o ano, Silleda! 

A pasada fin de semana, Deleite volveu a estar presente presente na Feira Internacional Semana Verde de Galicia, o maior certame multisectorial e de ocio da nosa terra, polo que pasan milleiros de visitantes.