Novas

Deleite presente no Café Derby 21

IMAXE CD21x1000

Os podcasts chegaron para quedar e na actualidade son un formato cun gran número de ouvintes en pleno crecemento. En Café Derby 21, dirixido polos xornalistas Nicolás Carreira, Carme Domínguez e Adrián Lede, apostan polos contidos en galego e, de xeito semanal, xeran unha tertulia amable e efectiva sobre a cultura en todos os seus eidos.

Por esta “sobremesa cultural e virtual” xa pasaron, entre outros, convidados de renome como Xosé Ramón Gayoso, Carlangas, Carolina Iglesias, Nacho Carretero, Esther Estévez, Manuel Rivas, Sabela ou as Tanxugueiras. O espazo pode escoitarse en iVoox, Spotify e Apple Podcasts, e está presente de xeito activo en Twitter e Instagram.

 

iVoox

Spotify

Apple Podcasts

Twitter

Intagram

Dende hai uns meses, xusto coincidindo co comezo da segunda tempada, Deleite colabora co programa Café Derby 21, un podcast que semanalmente presenta unha tertulia cultural coa presenza de talentos galegos que atopan neste espazo un lugar onde falar das súas inquedanzas e proxectos.