Novas

Abel Caballero mercou 11 millóns de candeas por medo ao grande apagón

PORTADA

O Grande Apagón

Anuncian un grande apagón eléctrico mundial que soa a decadencia, a hecatombe, a desastre colectivo. É un título para un mal thriller. É certo que luces, o que se di luces, a este mundo xa non lle quedan moitas pero que se nos apague o conxelador con todo dentro xa é o último. Din que, por se acaso, Abel Caballero mercou 11 millóns de candeas. 

granapagon

Xesús Fraga, Premio Nacional de Narrativa

Non queda ninguén por aí que non saiba canto lle gusta a Deleite a literatura galega. Por iso foi moi emocionante saber que o autor galego Xesús Fraga recibía o Premio Nacional de Narrativa. O seu “Virtudes (e misterios)” é a proba de que a literatura galega está de moda. Pero non agardemos a que nolo confirmen os de fóra (que tamén). 

XesúsFraga

O típico repunte

Hai quen fala de xente que fala de expertos que falan dunha inminente chegada da Sexta Onda da pandemia. En Europa as cousas non van ben e en Galicia subimos. Para que logo digan que non sei que da indecisión e unha escaleira. Cando hai que subir, se sube. Cóidense moito! 

covid

35 anos en coma?

O planeta Twitter emocionábanase coa historia de Manel Monteagudo, un galego que espertaba do coma 35 anos despois de sufrir un accidente. A estas horas estase a investigar se a historia é real ou non. Aínda así, a película xa serviu para preguntarnos que pasaría se, ao despertar dun coma, non soubesemos quen é Belén Esteban? Teriamos de que falar?

manuelmonteagudo

 

Por Mario Caibo