Novas

Por moitos anos de Festival MARCO, a Mostra de Arquitectura Rural

Por moitos anos de Festival MARCO, a Mostra de Arquitectura Rural

Durante tres días, San Pedro de Sarandón (Vedra) converteuse nun espazo aberto para descubrir, conversar e compartir arredor do territorio. Rutas por muíños, visitas a vivendas e proxectos de rehabilitación, escultura en directo, murais colaborativos e concertos formaron parte dun programa que invitou a achegarse ao rural desde novas perspectivas.

Begoña Caamaño, Día das Letras Galegas 2026

Begoña Caamaño, Día das Letras Galegas 2026

❞𝑼𝒏 𝒊𝒅𝒊𝒐𝒎𝒂 𝒆́ 𝒎𝒐𝒊𝒕𝒐 𝒎𝒂́𝒊𝒔 𝒒𝒖𝒆 𝒖𝒏 𝒊𝒅𝒊𝒐𝒎𝒂... 𝑬́ 𝒖𝒏𝒉𝒂 𝒇𝒐𝒓𝒎𝒂 𝒅𝒆 𝒏𝒂𝒓𝒓𝒂𝒓 𝒐 𝒖𝒏𝒊𝒗𝒆𝒓𝒔𝒐❞ - Begoña CaamañoA nosa lingua...

Ve a luz a biografía ilustrada de Rosalía de Castro

Ve a luz a biografía ilustrada de Rosalía de Castro

Hai moitas maneiras de celebrar o Día de Rosalía. Nós escollemos unha que deixa pegada: publicar un libro que emociona, inspira e convida a ler en familia.

En colaboración coa Casa de Rosalía, presentamos Escribindo nas alas dos paxaros, unha biografía ilustrada da máis universal das nosas letras. O volume conta cos textos de Manuel Lorenzo Baleirón e as ilustracións de Nuria Díaz, que constrúen unha viaxe delicada e luminosa pola vida e a obra de Rosalía de Castro.


Trátase dun libro pensado para achegarlles a súa historia ás crianzas, pero tamén para que as persoas adultas a redescubran con novos ollos. Porque Rosalía non é só memoria: é presente, identidade e futuro.

Un proxecto feito con agarimo, que nace do compromiso coa nosa cultura e coa vontade de compartila coa nosa comunidade.