_MG_8643 aigiboga.com DELEITE18 - copia

O sabor da identidade

O compromiso de Deleite coa cultura galega é un dos nosos sinais de identidade. A literatura, as artes, o cinema e a música da nosa terra son unha parte fundamental da personalidade do noso proxecto.

cult-plano

 

Coa Cultura

Dende o seu nacemento, Deleite adquiriu un compromiso coa súa terra, Galicia, e a súa cultura. Coa cultura e a expresión artística como mostra de identidade. A literatura. A arte. O cinema. A música.

A cultura galega define a Deleite en cada ringleira e sobre cada escenario; tras cada plano ou canción. Por iso, todo o mundo sabe que nos comprometemos con ela. Dende o principio, apoiamos festivais, concertos, representacións teatrais, proxectos cinematográficos e fomentamos a lectura no noso idioma dándolle visibilidade ás nosas escritoras e escritores.

Diseño sin título (2)-1

Artes escénicas

Estamos presentes en algunhas das producións teatrais máis exitosa dos últimos anos. Colaboramos coas compañías e os actores para o desenvolvemento e difusión dos espectáculos.

Diseño sin título (3)-1

Audiovisual

Apoiamos o talento no audiovisual galego, participamos e promovemos varias producións ao ano. Queres ver algunhas?

295929347_3132765817053178_5278725483480842061_n

Ilustración e deseño

As ilustracións que acompañan as nosas campañas son de deseñadoras e ilustradores do país.

Diseño sin título (6)

Literatura

Apoiamos diferentes premios literarios para potenciar a creación literaria na nosa lingua.

Diseño sin título (5)-1

Música

Patrocinamos multitude de eventos musicais e lanzamentos discográficos galegos. Ademais de promover o noso propio festival, o Festival do Leite.

Deleite non só aposta por potenciar as nosas creadoras e creadores, tamén empurra os novos valores da nosa cultura. A aquelas persoas que arrincan un proxecto con incerteza pero cargados de ilusión.

En definitiva, Deleite aposta por visibilizar a nosa cultura e garantir o seu futuro.